Saturday 11 de May de 2024

A Aula Cemit impartirá novos cursos nos meses de febreiro e marzo


O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta, presentou hoxe os novos cursos que se impartirán na Aula Cemit durante os meses de febreiro e marzo.

O primeiro será de Ofimática con Libreoffice, que se impartirá do 5 de febreiro ao 27 de marzo; os luns e mércores de 9:30 a 11:00, no que se ensinarán conceptos básicos para operar con procesadores de texto, follas de cálculo e diapositivas.
“O segundo curso será de Competencias Básicas Dixitais, do 5 de febreiro ao 27 de marzo en horario de 11:30 a 13:00 os luns e os mércores. Este curso estará destinado á familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo, aprender a xestionar arquivos e cartafoles e a crear e editar contidos básicos con editores de texto, follas de cálculo e presentacións” explicou Suárez-Puerta.

Por último, tamén se realizará un curso de Certificado Dixital – Sede Electrónica; do 13 ao 22 de febreiro, co propósito de solicitar, renovar ou anular o certificado dixital.

O Concello tamén realizará unha formación gratuíta en transformación dixital para PYMES, emprendedores e autónomos con novos módulos de turismo. “Aquí ensinaranse ferramentas e servizos de ecommerce, administración electrónica e márketing dixital. As formacións levan a cabo a través de sesións en liña ou presenciais de 90 minutos e adáptanse a todos os niveis, desde básico a avanzado.” explicou o concelleiro.

As inscricións para estes cursos poderanse realizar dende hoxe a través do tlf 981876043 ou ben no mail cemit.ribeira@xunta.gal.